|
Principal Compoñentes Discografía Prensa Novas Álbum Contratación Ligazóns
@


| |
Discografía
[ En tempos... ] [ Raianos ] [ Críticas ]
|
Éche
certo que os galegos temos un espírito ou alma universal, ... trasmundana.
Seica un día,
por mor dun meigallo,
unha tarabela
espantou o noso pensamento e espallouno polo mundo.
Para algúns
foi unha viaxe de ida e volta
, unha dor xorda esquecida nas bágoas dun churumbele.
Mais moitos non voltaron. A súa velocidade
de escape non chegou dabondo para fuxir
daqueles mundos e regresar entre nós.
Outros
permanecen superpostos dacabalo de dous mundos, na percura dun novo
meigallo que lles permita volver lembrando unha nana
esquecida nos seus pensamentos infantís.
Son almas que desexan atopar na noite limpa
e escura o camiño de estrelas
que os guíe de volta. Almas raianas.
|
 |
|
Meigallo

(Moisés Quintas)
O
meigallo está no mundo
ou.. quixas ó revés.
Non, o meigallo está nos homes.
Os
homes fixeron o meigallo, e
agora, non son quen de o dominar.
E cando funga o vento
por entre as carballeiras,
abalando nos carballos
e rachando o que lle peta,
semella o demo e as meigas
que teñen nas súas mans a nosa terra.
|
 |
|
Tarabela

(Moisés Quintas)
¡¡Calquera non
foxe tarabela!!
Non cómpre que fungue moito
que xa estás ti de espantallo.
Ás veces coido
que ata o vento
che ten medo
cando vos vexo man a man
á porfía un co outro.
Outras
semella que estades xunguidos
que el che dá alento
e ti berras: ¡¡fuxide!!, ¡¡fuxide!!.
|
 |
|
Viaxe
de ida e volta
(Moisés Quintas)
Quén sabe se
imos ou vimos.
Cando un se vai
sempre conta con voltar.
Quizais un nunca
se vai de todo,
xa que as cousas que deixa,
ó formar parte dun mesmo,
sempre están reclamando a outra parte.
Pode
que ámbalas dúas partes
xamais volvan atoparse;
materialmente, iso si,
xa que cando o querer é de lei,
o espírito... ese, volta seguro.
|
 |
|
Dor
Xorda 
(Rosa Gayoso e Xosé Manuel Fernández)
Podo imaxinar bágoas
desprovistas de verbas
verbas carentes de paisaxes,
paisaxes privadas de moradores,
cores viuvas de obxectos,
obxectos baleiros.
Podo
imaxinar nenos sen xoguetes,
xoguetes sen historia,
historias de dor,
dores volátiles e permanentes ó mesmo tempo
Tempo dorido.
Podo imaxinar un
mundo sen maxín,
un maxín en branco e negro,
un branco e negro encerrado en cinemascope,
o cinemascope da vida,
a vida da música...
Podo
imaxinar horror, bercalo, choralo, cantalo
Podo predica-la dor, bicala, adormecela...
pero o que non podo é deixala quedar xorda.
|
 |
|
Churumbele

(Xosé Manuel Fernández)

|
|
Velocidade
de escape 
(Rafa Cachafeiro)

|
|
Entre
nós

(Moisés Quintas)
Norte
dos camiñantes,
acougo de almas trasmundanas,
alento dos desterrados,
sorriso cos ollos pechados,
ollar chispeante,
conversa de amizade,
segredo ben gardado,
tesouro do corazón,
utopía dos que están lonxe.
|
 |
|
Nana

(Tradicional - Moisés Quintas. Letra: Rosa Gayoso)
Ceo
escuro
cuberto de ollos.
Ollos que ollan para a lúa
agardando o sinal que lles diga...
durme.
Lúa branca, sorriso sen cara.
Berce que me espera.
Doce camiña branca de luz...
cántame.
|
 |
|
Na
noite 
(Moisés Quintas)
Aliada de mentes
inquedas.
Silencio e paz do corpo e da alma.
Feiticeira que alumeas vieiros no ceo.
Mentes inquedas
que chegan a ti
engaioladas polo teu brillo
na procura do mundo das ideas.
Corpos e
almas
rebulideiras
réndenseche pedindo clemencia
para fuxir do barullo do mundo.
Camiño
longo, sen fin.
Ollar que se reflicte cara dentro.
Non queiras trabucarme, ti.. feiticeira.
|
 |
|
Camiño
de estrelas 
(Rafa Cachafeiro. Letra: Moisés Quintas)
Funga o vento e a
choiva
rosma, rosma ó caer;
¿onde estás trasmundano?
dime.. o teu norte, ¿Cal é?
Pecho os ollos,
tomo alento,
comezo a ollar para dentro,
no arrepiar do corpo
penso que.. xa o atopei.
Ilusión
e sentimento
que me rouban a razón,
un camiño de estrelas
alumea... o meu corazón.
|
 |
Raianos
(Moisés Quintas)
|
 |
Debuxos: Eva Gayoso
|