Principal
Compoñentes
Discografía
Prensa
Novas
Álbum
Contratación
Ligazóns
         @

 

Compoñentes

[ Historia da formación ] Trasmundi en directo ]

 

 

O grupo "Trasmundi" constitúese no ano 1998 froito da unión de tres músicos: Moisés Quintas - frautas, guitarra, mandolina e gaita, Rosa Gayoso - violín, zanfona e voz e Xosé Manuel Fernández - piano, teclados e acordeón.

Os tres profesores de Música e proveñentes de distintas formacións tanto folk como clásicas. Xuntos perfilan unha idea musical na percura dun son acústico e elaborado, con temas propios, sen encadrarse en ningún estilo e sen concesións comerciais.

Os discos do trío Trasmundi, "Raianos" e "En tempos que se foron..." poderíase definir como folk clásico, tendo en conta a pureza dos seus timbres  e o achegamento a unha instrumentación moi limpa de brillos acústicos, ademais da formación clásica dos compoñentes. É un proxecto conxunto destes tres músicos que apostaron por esta idea global na que están interrelacionadas tamén a maquetación, as ilustracións, fotografías e os textos. As composicións, arranxos e producción artística son tamén un traballo conxunto da formación.

A aposta polo sentido clásico da audición musical de Trasmundi, ten tamén unha implicación na actual tendencia de recuperación da música tradicional e non  pode ser entendido sin ter a esta en conta. A variedade instrumental dos seua discos, con gaita, frautas, violín, zanfona, acordeón, e percusións, contribúe a este ton tradicional que, como eles reconoñecen, "vai paralelo" as súas vidas e  " está moi presente á hora de compoñer", dando pé a multitude de ritmos tradicionais de polcas, nanas ou alalás, mezclados co virtuosismo musical máis clásico.

 

www.myspace.com/trasmundanos